PUBLICACIÓN DOG
Situación da Caza en Galicia (26/01/2021)
27/01/2021

A práctica deportiva cinexética, desde as 00:00 h do 27 de xaneiro de 2021 ata o 17 de febreiro de 20221, poderá realizarse nas seguintes condicións:

ACTIVIDADE CINEXÉTICA DO XABARIL E DO LOBO

Quedan exceptuadas das limitacións á entrada e saída de persoas dos ámbitos territoriais previstos no número 1 do punto primeiro, así como das restricións á permanencia de grupos de persoas en espazos públicos previstas no punto segundo, as accións de caza colectiva que se realicen exclusivamente sobre as especies cinexéticas do xabaril e do lobo, nos seguintes supostos:

  • Accións de caza sobre o xabaril de acordo coa planificación aprobada para a tempada de caza 2020/2021 nos plans anuais de aproveitamento cinexético dos Tecor, e accións autorizadas especificamente en terreos de réxime cinexético común.
  • Accións de caza con ocasión de danos á agricultura ou á gandaría ocasionados polo xabaril e/ou o lobo, logo da súa comprobación por parte das xefaturas territoriais da consellería competente en materia de ambiente.
  • Accións de caza como consecuencia de accidentes graves de tráfico reiterados nun mesmo punto quilométrico.

2. En todo caso, durante o desenvolvemento destas accións de caza deberán cumprirse as condicións establecidas pola consellería competente en materia de ambiente, así como as medidas de prevención que adicionalmente poidan ser establecidas polas autoridades sanitarias.

 

CAZA DE RAPOSO, ARCEAS E BECACINA

Está permitida a actividade cinexética en todas as súas modalidades sempre que se realice con carácter individual ou con persoas conviventes.

En todo caso, a realización das ditas actividades estará sometida ás restricións perimetrais actualmente vixentes.

É dicir permítese a caza do raposo, arceas e becacina, durante o período e condicións establecidas na Orde de Vedas, sempre e cando dita actividade estea prevista no PAC da sociedade de caza aprobado pola Administración, pero non está permitida nin a saída nin a entrada do ámbito municipal, debendo realizarse de xeito individual (agás no caso de conviventes) e respectarse o horario de mobilidade nocturna (toque de queda) entre as 22:00 h. e as 6:00 h.

No caso da caza do raposo, en ningún caso se poderán formar grupos de persoas que non sexan conviventes, nin tampouco ter contacto físico entre eles. En todo caso, na organización da cazaría tanto o Responsable da Cazaría como os participantes (salvo no caso de conviventes) para organizarse poderán facelo a través da emisora, teléfono móbil, WhatsApp, etc.

 

PRÁCTICA DO ADESTRAMENTO DO DEPORTE FEDERADO AO AIRE LIBRE

Quedan suspendidas as competicións deportivas de nivel autonómico. Os correspondentes adestramentos quedarán sometidos ás mesmas limitacións ca o resto da actividade física e deportiva, debendo respectarse as limitacións de entrada e saída existentes en determinados ámbitos territoriais e as limitacións establecidas á liberdade de circulación das persoas en horario nocturno. É dicir, a práctica do adestramento deportivo só poderá realizarse ao aire libre, de forma individual ou con persoas conviventes, debendo utilizarse a máscara, non estando permitida nin a saída nin a entrada do ámbito municipal, e respectando o horario de mobilidade nocturna (toque de queda) entre as 22:00 h. e as 6:00 h

 

PRÁCTICA DO ADESTRAMENTO DO DEPORTE FEDERADO EN INSTALACIÓNS DEPORTIVAS

As instalacións deportivas permanecerán pechadas, agás aquelas nas que se celebren adestramentos ou competicións de ámbito estatal, , profesional ou non profesional, cuxos vestiarios e zonas de ducha poderán ser usados cunha ocupación de ata o 30 % da capacidade máxima permitida, procedéndose á limpeza e desinfección despois de cada uso e ao fina da xornada. En todo caso, queda prohibida a asistencia de público ás competicións e adestramentos,

 

IMPORTANTE

Debido a que situación sanitaria actual é moi cambiante, o que fai que a normativa e as restricións varíen dun momento para outro, recoméndase seguir atentamente a páxina web da FGC que estará actualizada puntualmente coas novidades que se vaian producindo.