OURENSE CANS DE PARADA
A gañadora en Xinzo foi “Berta de Vilar de Donas” de Carnota Ríos
08/03/2021

III Copa Deputación de Ourense de Cans de Parada – Copa Federación Galega de Caza

O pasado 7 de marzo nos terreos do Tecor de Xinzo de Limia desputábase unha nova edición da Copa Deputación de Ourense de Cans de Parada. Todo elo baixo a organización da Federación Galega de Caza en Ourense e coa colaboración da Sociedade de Cazadores de Xinzo de Limia.

Unha proba celebrada baixo a estricta aplicación do Protocolo Fisiocovid-19 e na que participaron un total de 13 cans correspondentes a razas Británicas.

O Xurado de Competición estivo integrado por Manuel Feijoo e Uxía Portela, sendo o Director da mesma José Castro e os xuíces José Moure e José Ángel Seco.

O remate da proba destacamos a participación de dous cans, nesta ocasión “Berta de Vilar de Donas” e “Bruxo de Vilar de Donas”. A setter inglés “Berta de Vilar de Donas” propiedade de José María Carnota Ríos acadou unha calificación de 1º EXC e o setter inglés “Bruxo de Vilar de Donas” propiedade de Roberto Dopico Dopico un 2º EXC. O pointer macho “Cume da Brisa” de Eliseo Faraldo Fernández obtivo un 3º MB.

Antes da entrega de premios tivo lugar un emotivo minuto de silencio polo falecemento de Eduardo Calles competidor e criador na da disciplina de cans de parada.