CORZO
Novamente a tempada de asexos do corzo estarĂ¡ marcada pola pandemia
29/03/2021

Despois do mes de descanso cinexético que ofrece marzo na nosa comunidade, chega abril e o arrinque dunha nova tempada de asexos de corzo. Unha tempada que, como ven sendo habitual, prolongarase ata o derradeiro día do mes de xullo. Sociedades de caza, guías, gardas e cazadores afrontan unha nova tempada de asexos que, ao igual que ocorreu no exercicio anterior, voltará a estar condicionada pola situación epidemiolóxica da Covid-19.

Primáticos en mao, paciencia e moito monte son algúns dos factores que nos dará ese lance tan desexado co corzo galaico. Pero, ¿Como van ser os asexos deste 2021? A priori xa podemos adiantar que van ser meses, novamente, de incertidume. Meses nos que estaremos moi pendentes das diferentes restrincións á movilidade que condicionarán a chegada ou non dos cazadores doutras comunidades.

Polo pronto, xa comenza cun sabor agridoce, xa que a situación que estamos a vivir non permite a organización previa dos diferentes asexos a realizar nos Tecores. Lembremos que era a semana santa e as súas festividades un condicionante moi favorable para a chegada dos asexistas doutras comunidades autónomas. Somos coñecedores de que Galicia permanecerá pechada perimetralmente, polo menos, ata pasada a semana santa co cal os asexos que se realicen nestas datas serán levados a cabo polos cazadores galegos.

É o asexo do corzo unha modalidade case que individual, cazador e guía/garda, que se realiza ao aire libre co cal o risco ante o virus é case nulo. Dende a Federación Galega de Caza reiteramos na aplicación estricta do protocolo Fisiocovid elaborado pola FGC ao mesmo tempo que desexamos a tódolos apaixoados desta especie e desta modalidade unha moi bo campaña corceira.