RASTRO XABARIL
O galego Oscar Meijide nomeado Delegado Nacional de Rastro de Xabaril
26/04/2021

O xa Delegado Autonómico da modalidade de Rastro de Xabaril da Federación Galega de Caza, Oscar Meijide Varela, ven de ser nomeado pola Real Federación Española de Caza como novo Delegado Nacional de Rastro de Xabaril.

Oscar Meijide sustitúe no cargo ao tamén galego José Antonio Montoiro o cal dende a Federación Galega de Caza valoran o traballo realizado por Montoiro nestes derradeiros anos ao fronte de dita Delegación Nacional de Rastro.

Oscar Meijide será o cuarto galego que ven de ocupar este posto despois de que xa o fixeran no seu día Javier Nogueira, Antonio Bello e José Antonio Montoiro.