PROVINCIAL OURENSE PERCORRIDOS CAZA
Eduardo Salceda foi o campión provincial e Daniel Cebreiro o campión da proba
03/05/2021

XXIV Campionato provincial de Ourense de Percorridos de Caza – II Copa Deputación de Percorridos de Caza

Novamente o Campo de Tiro A Goberna acolleu a xa XXIV edición do Campionato Provincial de Ourense e II Copa Deputación de Percorridos de Caza, todo un éxito de xornada deportiva así descrita polos preto de 40 tiradores participantes.

Este campionato contou coa organización da Federación Galega de Caza en Ourense e a esencial colaboración da Asociación Deportiva A Goberna Beariz e a Sociedade de Cazadores A Goberna Regueiro.

Un total de 100 pratos divididos en catro campos e que fixeron unha máis que atractiva tirada valorada moi positivamente polos tiradores que acadaron unha elevada porcentaxe de acerto no disparo. 

Unha vez máis, o tirador coruñés Daniel Cebreiro García impoñía o seu dominio e obtiña o primeiro posto da clasificación xeral con 92 pratos escachados. Tamén o tirador chegado de A Coruña, José Manuel Torres Parada facíase co segundo posto da clasificación xeral con 90 pratos. O mesmo número de pratos que Torres Parada pero en terceira posición remataba Eduardo Salceda Balboa que se convertía no Campión Provincial. O subcampión provincial e cuarto na xeral foi F. Javier Villanueva Dejuane e o bronce provincial e quinto clasificado era para Isaac Otero Penedo. Otero Penedo tamén obtiña o primeiro posto na categoría Senior.

En Veteranos o campión da proba era Antonio Castro Ferreiro e o Campión Provincial Eliseo Faraldo Fernández.

A Selección Provincial queda composta polos seguintes tiradores: Eduardo Salceda, F. Javier Villanueva, Isaac Otero, Jorge Vázquez, Jose Antonio Vázquez, Eliseo Faraldo, Francisco González, Jose Luís Álvarez e José Luís Estévez

Este Campionato contou co patrocinio da: Secretaría Xeral para o Deporte e Mutuasport e coa colaboración da Deputación de Ourense e Solognac.