FRECUENCIAS DIXITAIS
A FGC tramita a dixitalización das súas frecuencias de emisoras para un uso conxunto coa comunicación analóxica actual
26/05/2021

A Federación Galega de Caza ven de realizar os trámites precisos para adiantarse ao uso da comunicación dixital das frecuencias de emisoras que se puidera producir a medio ou longo prazo.

É importante destacar que esta futura implantación do sistema dixital nos equipos de comunicación dos cazadores, comunmente coñecidos por emisoras, será compatible co sistema analóxico actual pero que abre unha nova fiestra á mellora neste senso e do cal a FGC xa tería as súas frecuencias actualizadas. 

Ao igual que aconteceu noutros equipos electrónicos (TV, teléfonos móbiles, etc) esta comunicación dixital mellorará a calidade da comunicación así como unha duplicidade no número de frecuencias e menor solapamento.

A FGC quere recalcar que o sistema analóxico que se emprega actualmente nas comunicación a través das emisoras seguirá vixente pero con esta actualización das frecuencias federativas permite o uso dixital.