PROVINCIAL PONTEVEDRA DE XABARIL
Antonio Sánchez con “Diésel” foi o campión provincial e Álvaro Fontela con “Lito” o campión da proba
07/06/2021

XVIII Campionato Provincial de Pontevedra de Cans de Rastro Atraelados modalidade Xabaril

O pasado sábado 5 de xuño desputábase no Tecor “O Campo” a edición número XVIII do Campionato Provincial de Pontevedra de Cans de Rastro Atraelados modalidade Xabaril. A proba estivo organizada pola Federación Galega de Caza en Pontevedra e contou coa colaboración da Sociedade de Caza de O Campo.

Unha proba na que o monteiro Álvaro Fontenla Filgueira co seu can “Lito” era o campión absoluto ao acadar un total de 252,5 puntos. Na segunda posición e converténdose no gañador provincial remataba o participante Antonio Sánchez Sesto co can “Diésel” e 236,5 puntos. O bronce era para Jesús Ares Lorenzo con “Minicho” e 235,5 puntos.

A selección provincial pontevedresa queda conformada co seguinte equipo de monteiros: Antonio Sánchez, Jesús Ares, Miguel A. Rey, Luis Conde, Bárbara Fontan, José A. Rey, Francisco J. Romero, Salvador Sestelo e Sebastián Martínez.

Este Campionato contou co patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte, Proyecta Galicia, Mutuasport e Solognac.