DANOS XABARIL
Xestión Integral do Xabaril en Galicia
18/06/2021

A FGC participou no día de onte, 17 de xuño, na reunión sobre o Plan de Xestión Integral do Xabaril en Galicia (PXIX) que se celebrou na sala de xuntas da Consellería de Medio Ambiente e Ordeación do Territorio baixo a presidencia da Directora Xeral de Patrimonio Natural.

Á reunión asistiron tamén representantes da DGT, da Consellería de Medio Rural, de Fomento, USC  e sindicatos agrarios.

Durante a mesma púxose de manifesto, por parte de todos os asistentes, a preocupación polos problemas ocasionados polo xabaril tanto en accidentes de tráfico como polos danos ocasionados á agricultura.

A Dirección Xeral de Patrimonio Natural informou a través da Directora e Subdirectora das accións desenroladas ata a data e o seu resultado. Debemos destacar que todos os asistentes, excepto o representante de Unións Agrarias, valoraron moi positivamente o esforzo realizado polo sector cinexético para controlar a poboación de xabariles e en este sentido a Subdirectora aportou datos nos que se puido comprobar os resultados alentadores que estas accións están produciendo, considerando que os cazadores somos unha parte importante da solución.

Unha das conclusións máis destacadas e compartidas foi considerar a caza como a mellor ferramenta para o control da poboación e os danos, pero que esta actividade por si mesma e sen a participación decidida do resto de sectores implicados resulta insuficiente para solucionar o gran problema.