PROBA CEIBA XABARIL BARBANZA
O lote de Alejandro Couso foi o mellor calificado no Barbanza
28/06/2021

Copa Federación de Cans de Rastro sobre Xabaril Salvaxe “Proba de Ceiba do Barbanza”

No día de onte, 27 de xuño, a comarca do Barbanza acollía a primeira edición da Copa Federación de Cans de Rastro sobre Xabaril Salvaxe “Proba de Ceiba do Barbanza” baixo a organización da Federación Galega de Caza na Coruña e coa colaboración das sociedades de caza Lousame Noia, Rianxo, Porto do Son e Castelo de Vitres-Folgoso.

Gran expectación ante esta primeira edición desta proba que tanta paixón desata nos monteiros galegos e do norte de España. Destacamos que, apesares de ser a primeira edición, o resultado foi un éxito en canto ao desenrolo da proba así como das prestacións dos diferentes lotes participantes.

Un enorme traballo a pe de monte fixo que a organización, contando co esforzo dos rastreadores, dispuxera de rastros de xabaril salvaxe para tódolos lotes participantes.

 

Rematada a participación dos 15 equipos inscritos destacar a calidade dos mesmos que souperon amosar o bo facer de monteiros e cans na demanda, desencame e persecución do porco bravo.

Foi o lote de cans propiedade de Alejandro Couso o que acadou o primeiro posto da clasificación xeral e converténdose no campión desta primeira edición. O asturiano Manuel Garci era o segundo clasificado namentras que a monteira Elisa Amado Parga obtiña o bronce. Destacar a referencia realizada ao can Narco propiedade de Alejandro Couso como mellor can da proba.

 

Na entrega de premios a FGC de A Coruña quixo facer unha mención especial ao enorme traballo organizativo así como a inestimable colaboración das sociedades de caza, xuíces, guías e rastreadores. “Foron moitos os equipos que se apuntaron para participar e lamento non dar espazo a todos pero somos conscientes da complexidade organizativa deste tipo de probas, estou moi satisfeito co resultado” En palabras do presidente da FGC de A Coruña, Álvarez Villar.