I PROBA INICIACIÓN SOBRE PASPALLÁS
Éxito de participación na primeira edición de cans de parada sobre paspallás
08/08/2021

I Proba de Iniciación para Cans de Parada sobre Paspallás

Unha nova iniciativa da Federación Galega de Caza en A Coruña congregou, o pasado sábado 7 de agosto, a máis de corenta cans de razas británicas e continentais no Tecor de Tordoia. Coa colaboración da Sociedade de Caza de Tordoia a delegación federativa de A Coruña celebrou a I Proba de Iniciación para Cans de Parada sobre Paspallás.

Sobre paspallás sementada desenrolouse esta proba na que se visualizaron lances de enorme calidade dos cans participantes e no que propietarios e condutores fixeron unha positiva valoración desta primeira edición.

En razas británicas destacamos a prestación de Javier Pereiro Lamas co seu setter inglés macho de nome “Lapo”. A femia de setter inglés “Danza de Carballeda” de Esteban Cambón Bertoa obtivo o segundo posto e, novamente, Javier Pereiro Lamas coa setter inglés de nome “Lara” rematou en terceira posición.

En razas continentais a mellor calificación foi para “Nuca do Lugar Vello” propiedade de Juan Ramón López. Francisco Santiago con “Sena” e Esteban Cambón con “Thayson” remataron en segunda e terceira posición, respectivamente.

No apartado de iniciación para cans menores de 2 anos destacamos a prestación realizada por “Tristán” propiedade de Eloy Rodríguez. Eliseo Faraldo con “Galega da Brisa” e “Pele de Montemaior” de Esteban Cambón tamén obtiveron unha mención especial polo bo facer destes prometedores cans.

A entrega de premios puxo o punto e final desta primeira edición que, polo éxito colleitado, a bo seguro será a primeira de moitas edicións polo ben dos cans de mostra da nosa comunidade.