INICIO TEMPADA DE CAZA MAIOR
Unha nova tempada de caza maior en Galicia
19/08/2021

Despois de dar solución aos atrancos administrativos, os cazadores galegos atópanse a escasas horas do arrinque dunha nova tempada de caza maior, o día 21 e 22 deste mes de agosto comenzarán as accións cinexéticas sobre xabariles e corzos. No tocante ao xabaril, nestes primeiros compases da tempada, serán as zonas onde se produzan os danos na agricultura os enclaves onde os cazadores deberán incrementar o seu esforzo cinexético para unha caza e agro sostible.

Ante esta nova tempada a Federación Galega de Caza quere trasladar a tódolos cazadores e monteiros os seguintes aspectos a ter moi en conta para desenrolar unha caza segura e responsable:

-       É vital revisar e renovar toda a documentación do cazador (permiso de armas, seguro, licenzas, etc). 

-       Novamente estaremos na obriga de seguir aplicando os protocolos Fisiocovid na presente campaña cinexética. Sendo coñecedores de que a caza non é unha actividade de risco para a propagación da Covid-19 si teremos que aplicar as medidas sanitarias e estar pendentes das diferentes restriccións que se poidan aplicar en determinados concellos nos que practiquemos a caza.

-       É recomendable a revisión e posta a punto de todo o noso equipo cinexético, facendo un especial fincapé no bo estado e funcionamento das nosas armas.

-       No tocante aos nosos fies compañeiros, os nosos cans, estaremos estremadamente pendentes do seu benestar e en alerta ante as altas temperaturas que poidan afectar ao seu rendemento.

-       Dende a FGC lembramos a necesidade dunha práctica cinexética de máxima seguridade. Unha caza social ética e responsable onde a amizade e o contacto coa natureza sexan os mellores trofeos.