PROVINCIAL A CORUÑA DE COELLO
Formoso Raposo acada o primeiro posto do provincial de coello
19/09/2021

Campionato Provincial de A Coruña de Cans de Rastro sobre Coello

Onte sábado, 18 de setembro, desputouse unha edición máis do Campionato Provincial de A Coruña de Cans de Rastro sobre Coello no Tecor “Urogallo” de Ferrol, organizado pola Federación Galega de Caza en A Coruña en colaboración con dita Sociedade de Cazadores.

Alta participación e unha densidade aceptable de coellos permitiron desfrutar dunha gran xornada de cans de rastro sobre coello, realizándose prestacións de enorme calidade. Ata un total de 92 cans repartidos en 23 lotes citáronse nun dos campionatos provinciais con maior relevancia da provincia coruñesa.

Foi o lote propiedade de Juan Formoso Raposo o que acadaba o título provincial participando cos cans “Luna, Naca, Flor e Tula” obtendo un total de 500 puntos. O subcampionato recaía en Juan Carlos Casas Cambón co seu lote tamén de beagles composto por “Nikos, Nenette, Milán e Night” e 465 puntos. O terceiro posto, a tan so cinco punto do subcampión, era para o lote propiedade de Eduardo Blanco Moreira  cos seguintes cans “Conga, Pistón, Racha e Thor”.

A cadela de nome “Tula” propiedade do campión Juan Formoso Raposo foi nomeada como “Mellor Can da Proba” con 130 puntos.

Este Campionato Provincial contou co patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte, Proyecta Galicia, Solognac, Arion e Mutuasport.