PARA SOCIEDADES FEDERADAS
Axudas para a reactivaciĆ³n da actividade deportiva competitiva
29/09/2021

A Secretaría Xeral para o Deporte ven de publicar a RESOLUCIÓN do 14 de setembro de 2021, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas directas a federacións deportivas, clubs deportivos, sociedades anónimas deportivas e seccións deportivas de Galicia para a reactivación da actividade deportiva competitiva no contexto da COVID-19, e se procede á súa convocatoria para o ano 2021.

Trátanse de axudas directas pensadas para federacións deportivas, clubs deportivos, sociedades anónimas deportivas e seccións deportivas de Galicia, deseñadas sobre a base, por un lado, das cotas federativas que dan dereito á participación de clubs e deportistas nas competicións deportivas oficiais, tanto autonómicas como estatais non profesionais, e, por outro, deseñadas tamén sobre a base da minoración dos ingresos obtidos polas entidades deportivas como consecuencia da paralización e peche da actividade, ou do seu desenvolvemento con limitacións de público e capacidade.

É por tanto imprescindible que a sociedade ou clube solicitante estea federado, e a contía a percibir estará directamente en proporción ao número de socios federados que participen en competicións deportivas.

Descargar documento