COPA CAMPIÓNS COELLO
O lote de Francisco Abraldes foi o gañador da Copa de Campións
11/10/2021

Copa de Campión 2021 de Cans de Rastro sobre Coello

 O pasado 10 de outubro celebrouse nos terreos da Sociedades San Xoán de Serres (Muros) e da Sociedade Carnotana unha nova edición da Copa de Campións de Cans de Rastro sobre Coello, organizada polo Clube dos Amigos dos Cans de Caza coa colaboración da Federación Galega de Caza da Coruña e ditas Sociedades de Caza.

Participaron un total de 9 lotes de cans, gañadores dalgún dos campionatos organizados ó longo do ano, así como o vixente campión desta competición. Os terreos elixidos para esta competición eran ideais tanto pola orografía do terreo como pola densidade de caza. 

Foi o lote propiedade de Francisco Abraldes o que acadou o primeiro posto con 490 puntos. En segunda posición e con 480 puntos remataba o lote propiedade de Jose Javier Suárez Rama. O bronce era para Jose Antonio Mariño Vidal con 475 puntos.

A cadela “Sarela” do subcampión Jose Javier Suárez Rama era nomeada como Mellor Can da Proba con 130 puntos.

Na entrega de premios tamén se nomeou a Carlos Martínez Bua como campión da Copa Galicia da especialidade.