TEMPADA DE CAZA 2021/2022
Seguridade e ética cinexética para o comenzo da tempada xeral en Galicia
15/10/2021

A escasas horas da apertura dunha nova tempada xeral de caza en Galicia, que arrincará o vindeiro domingo 17 de outubro ata o 6 de xaneiro de 2022, a Federación Galega de Caza recomenda a máxima seguridade e ética na práctica da caza.

Primeiro foron os da caza maior e agora son os cazadores da menor, preferentemente perdiz, coello e lebre, os que o vindeiro domingo estarán presentes nos diferentes acoutados galegos na procura, xunto cos seus cans, dos primeiros lances de caza da tempada.

Nestes tempos en que se asemella dar as costas ao campo galego a FGC aposta por un rural vivo no que o desenvolvemento da caza e a participación dos cazadores sexa sempre unha ferramenta de xestión e peza esencial no monte galego.

Cunha mellora na situación sanitaria con respecto ao exercicio pasado, A FGC desexa que se leve a cabo unha tempada cinexética con normalidade ao mesmo tempo que solicita aos cazadores galegos segan practicando a súa paixon con máxima seguridade e responsabilidade. Sorte e boa caza!