PROVINCIAL OURENSE CAZA MENOR
Jaime Pintos gañador do provincial en Os Blancos
25/10/2021

Campionato Provincial de Ourense de Caza Menor con Can

No Tecor de Os Blancos desputouse unha nova edición do Campionato Provincial de Ourense de Caza Menor con Can. Novamente foi a Federación Galega de Caza en Ourense a que correu ca organización de dita proba e contando coa inestimable colaboración da Sociedade de Caza de Os Blancos.

Durante 5 horas que durou a proba os diferentes cazadores acompañados dos seus respectivos cans e xuíces tentaron buscar os lances cinexéticos sobre as especies cazables permitidas. Todo elo baixo unha boas condicións climáticas e unha extraordinaria deportividade.

Foi o cazador Jaime Pintos Davila o que obtivo o primeiro posto e o título de campión provincial ao chegar ao control con 910 puntos. En segunda posición remataba o cazador Mikel Álvarez Soriano con 860 puntos. O bronce era para Jorge Vázquez Iglesias con 750 puntos.

Este campionato provincial contou co patrocionio da Secretaría Xeral para o Deporte, Mutuasport e Arion.