BENEFICIOS FEDERADOS
A FGC incrementa notablemente o número de establecementos do Clube de Descontos
29/10/2021

O Clube de Descontos da FGC achégase aos 100 establecementos adheridos

O presidente da Federación Galega de Caza, Javier Nogueira, ven de asinar a adhesión de seis novos establecementos que pasan a formar parte do Clube de Descontos. Nesta ocasión, trátase de clínicas veterinarias  nas cales os cazadores federados veranse beneficiados de vantaxas económicas nos servicios veterinarios que precisen os  seus cans de caza.

Con estas adhesións e outras que están en fase de tramitación, a rede de establecementos adheridos ao Clube de Descontos da FGC achégase aos preto de 100, espallados pola xeografía galega, nos cales os cazadores federados atoparán descontos económicos que, nalgúns casos, achéganse ao 50% nos servizos que precisen vencellados, directa ou indirectamente, coa actividade cinexética: armerías, clínicas veterinarias, establecementos psicotécnicos, alimentación canina, clínicas médicas, estacións de servizos, hoteis, restaurantes, empresas de xestión, tendas de deportes, laboratorios de análise de carne de caza, empresas de legalización de canceiras, servizos de gardería de caza, talleres de reparación de vehículos, seguros de automóbiles, clínicas dentais, centros auditivos, escolas de drons, etc.

Resumidamente, un cazador federado que utilice os servizos da rede de establecementos do Club de Descontos, ao final de ano, cando calcule todas as ofertas ás que se acolleu, observará como o importe pagado pola súa licenza federativa repercutiu económicamente no seu bolsillo, ata saírlle gratis. 

Para máis información sobre os establecementos e descontos entra na seguinte ligazón: https://www.federaciongalegadecaza.com/clubedescontos.php