NACIONAL DE AGILITY
A Selección Galega de Agility retorna do campionato de España con grandes resultados colleitados
03/11/2021

VII Campionato de España de Agility

O Nacional de Agility desputouse a pasada fin de semana en Oviedo (Asturias), baixo a organización da Real Federación Española de Caza.

O Centro Ecuestre o Asturcón de Oviedo cumpliu coas expectativas xeradas para que a proba fose todo un éxito en tódolos ámbitos, destacando a alta participación con 315 cans inscritos.

Mención especial merecen os dous primeros paragilitys que participaron nun Campionato de España, Ricardo González de Andalucía e Jose Ángel Beired de Aragón.

Temos que destacar a participación de todos os deportistas galegos que conformaron a Selección Galega de Agility deste 2021, os cales obtiveron os seguintes resultados:

- Lolo Santome do Clube Tercans campión senior na categoría 50

- Alberto Costas do Clube Mats terceiro clasificado na categoría 40

- Laura Vidal di Clube Patas terceira clasificada en xuvenil 40

- Marta Soler do Clube Euskogal terceira , Iago Sánchez do Clube Tercans segundo e Jorge E. Ramos Salinas do Clube Agility Mats campión, ocuparon a totalidade do podio da categoría 50