CANS DE PARADA SOBRE ARCEA
“Zara do Coto da Néboa” de Francisco Santiago obtivo en Muras a mellor calificación na Copa Federación de Cans de Parada sobre Arcea
09/01/2022

V Copa Federación de Cans de Parada sobre Arcea

Aínda ben non remataran as festividades de Nadal cando a Federación Galega de Caza poñía a andar o ano cunha nova edición, a quinta, da Copa Federación Galega de Cans de Parada sobre Arcea, desputada o pasado 8 de xaneiro de 2022. 

O lugar elixido, amablemente cedido pola sociedades de cazadores local, era o Tecor O Landro, de Muras (Lugo), situado na impresionante paraxe da rexa Serra do Xistral.

A proba acudiron 13 participantes que presentaron un total de 25 cans, 23 da raza setter inglés e 2 pointer. Os terreos seleccionados foron unhas ladeiras de caducifolias ben protexidas do forte vento suroeste que imperou todo o día con sotobosque de acevos e arandeiras suficiente para dar cobizo á ansiada arcea, da que se viu un bo número de exemplares.

A clasificación final foi:

1ª clasificada “Zara do Coto da Néboa”, setter inglés de Francisco Santiago

2ª clasificada “Vela do Cancela”, setter inglés femia de Manuel Cancela

3º por prestación “Lor de Castrocan”, setter inglés macho de Jesús Blanco, presentado por Miguel Montoiro

Destacar a “Vela do Cancela” xa que obtivo o trofeo ao mellor can novo. 

A Federación Galega de Caza quere facer un agradecemento ao Tecor O Landro a cesión dos terreos para a proba e ao cazador local Pablo pola súa importantísima e laboriosa axuda como guía.

Esta proba contou coa colaboración da Deputación da Coruña e o patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte e Mutuasport.