PROVINCIAL PONTEVEDRA DE ARCEAS
Manuel Piñeiro proclamouse campión provincial en Forcarei
24/01/2022

XXVIII Campionato Provincial de Pontevedra de Caza de Arceas

Nos terreos do Tecor de Forcarei, o pasado 22 de xaneiro a Federación Galega de Caza en Pontevedra organizaba a edición XXVIII do provincial de caza de arceas na que o alto número de arceas avistadas foi o máis destacado da xornada deportiva.

Contando coa colaboración da Sociedade de Cazadores de Forcarei a fase provincial de arceas de pontevedra comenzaba baixo unha xélidas temperaturas pero con ceos solleiros que fixo que tódolos participantes desfrutaran da xornada cinexética.

Foi o cazador Manuel Piñeiro Chamosa o que obtiña o título de campión provincial o chegar ao control con duas capturas. Ángel Cobas Aboy obtiña o subcampionato empatado co mesmo número de puntos que Celso Boullosa Costal que se tiña que conformar coa medalla de bronce. 

Este campionato provincial contou co patrocionio da Secretaría Xeral para o Deporte e Mutuasport.