MANIFESTACIÓN 20M
Apúntate á Manifestación do 20 de marzo en Madrid
16/02/2022

O vindeiro 20 de marzo en Madrid xogámonos o futuro da caza, do campo e das nosas tradicións. E por iso que a FGC vai acometer un importante esforzo económico para que ti e os teus nos acompañedes neste día tan crucial para o futuro da caza.

Todo aquel cazador federado que desexe acudir o 20 de marzo a Madrid a FGC facilitará un servizo de autobuses gratuito, si pola contra desexas facer un desprazamento en transporte particular disporás dunha axuda de 25€ por federado. 

Pedímosche que traslades toda esta información aos teus asociados e compañeiros. E para unha mellor coordinación é imprescindible que te apuntes antes do 5 de marzo na tua federación provincial.