XUVENTUDES POLA CAZA
Dando a coñecer a actividade cinexética nas aulas
23/02/2022

Os pasados días 18 e 21 de febreiro, no CFEA de Lourizan, as Xuventudes pola Caza impartiron coñecementos sobre a actividade cinexética a futuros Técnicos Superiores en Xestión Forestal. 

A diversa temática foi desglosada polos membros das Xuventudes pola Caza, Sergio Suárez e Pedro J. Martínez, que presentaron aos alumnos as diferentes modalidades cinexéticas que se practican na nosa comunidade así como coñecementos amplos sobre cans, armas e municións. 

A Federación Galega de Caza quere destacar e agradecer a posibilidade de que sexan os propios cazadores, neste caso a xuventude cazadora, a que como principal coñecedora da caza, sexa a que imparta este tipo de charlas, coloquios e temáticas cinexéticas. Naide como a xuventude cazadora pode dar a coñecer a visión real da caza, a función que desempeña no medio natural así como o presente e futuro desta actividade.