CANS DE PARADA SOBRE ARCEA
A setter inglés “Gala da Brisa” de Higinio Rodeiro foi a mellor calificada
28/02/2022

O pasado 26 de febreiro tivo lugar a IV Proba de Cans de Parada sobre arcea organizada pola Federación Galega de Caza na Coruña e celebrada nos terreos da Sociedade de Caza Xestoso,  situados no concello de Monfero.

A competición transcorreu nuns montes idóneos para esta especialidade de cans de parada sobre arcea. Ata un total de 14 cans participaron na mesma e amosaron un bo facer na búsqueda e mostra da migratoria.

A proba estivo xuzgada por Jose Ángel Seco Alvite e José Moure Caneda, sendo o director da proba Julián Gandarela Ces.

Foi a setter inglés “Gala da Brisa” propiedade de Higinio Rodeiro González a que obtivo unha mellor calificación, seguida do macho de setter inglés de nome “Ades del Bajo Saguales” propiedade de Adrián Lorenzo Domínguez en segunda posición. O terceiro posto era para o tamén macho de setter inglés “Ciro do Coto da Neboa” propiedade de Francisco Santiago Rodríguez.

O cadelo de menos de 24 meses de idade que obtivo a mellor calificación foi o setter inglés “Vento do Cancela” propiedade de Manuel Cancela Rama.

Nun ambente de coordialidade púxose fin á xornada coa entrega de trofeos e as palabras das autoridades federativas, entre as que se atopaba o presidente provincial José María Álvarez Villar que xunto con Manuel Penabad tamén conformaron o xurado de competición.