MANIFESTACIÓN 20 DE MARZO
O 20M Rural prevé xuntar a máis de 200.000 persoas para reivindicar un futuro para o campo
14/03/2022

Os organizadores da manifestación do mundo rural que se celebrará en Madrid o vindeiro 20 de marzo, (ASAJA, COAG, UPA, Real Federación Española de Caza (RFEC), Oficina Nacional da Caza (ONC), Alianza Rural, Unión de Criadores do Toro de Lidia (UCTL), Federación Nacional de Comunidades de Regantes de España (FENACORE) e Cooperativas Agro-alimentarias), prevén a asistencia de máis de 200.000 persoas no que se presenta como unha cita histórica para reivindicar un futuro para o mundo rural e as actividades que o sustentan.

A cita comenzará ás 11:00 horas na Praza Emperador Carlos V, fronte ao Ministerio de Agricultura, en Atocha, o que supón un troco no itinerario anunciado ata o momento, debido precisamente á previsión de asistencia masiva de manifestantes, que obriga a cambiar o comenzo da mesma co obxeto de que os máis de 1.500 autobuses poidan acceder ao punto de encuentro con facilidade.

Posteriormente, a manifestación percorrerá o Paseo da Castellana para chegar á Praza de San Juan da Cruz, sede do Ministerio de Transición Ecolóxica, unha das administracións responsables da difícil situación que atravesa o mundo rural español.

O 20 M Rural preséntase como unha cita histórica que xuntará por primeira vez a sectores como o da agricultura, a gandeiría, a caza, a pesca e outros moitos relacionados co mundo rural, pero tamén a moitos outros afectados polas políticas das distintas administracións autonómicas, goberno central e as institucións comunitarias (UE).

Na manifestación, os asistentes alzarán a voz fronte ao abandono do mundo rural por parte do Goberno e fronte a unhas políticas incapaces de resolver os problemas que afectan aos homes e mulleres do campo, que se están vendo obrigados a abandoar a súa forma de vida e costumes.

Dende a organización fan un chamamento á asistencia masiva a todos aqueles que desexan unha agricultura e gandeiría viables como motor económico do medio rural, conservar as tradicións, usos e costumes do campo e a quenes desexen apoiar a existencia dun mundo rural vivo.

#xuntospolocampo

#20MRural