DO 1 DE ABRIL AO 31 DE XULLO
Unha nova tempada de asexos de corzo en Galicia
30/03/2022

Despois do mes de descanso cinexético que ofrece marzo na nosa comunidade, chega abril e o arrinque dunha nova tempada de asexos de corzo. Unha tempada que, como ven sendo habitual, comenzará este venres 1 de abril e prolongarase ata o derradeiro día do mes de xullo. Sociedades de caza, guías, gardas e cazadores afrontan unha nova tempada de asexos que, a diferenza das anteriores, a priori non se verá afectada pola covid.

Primáticos en mao, paciencia e moito monte son algúns dos factores que nos dará ese lance tan desexado co corzo galaico. Despois do mes de descanso cinexético que ofrece marzo na nosa comunidade, chega abril e o arrinque dunha nova tempada de asexos de corzo. Unha tempada que, como ven sendo habitual, comenzará este venres 1 de abril e prolongarase ata o derradeiro día do mes de xullo. Sociedades de caza, guías, gardas e cazadores afrontan unha nova tempada de asexos que, a diferenza das anteriores, a priori non se verá afectada pola covid.

Dende a Federación Galega de Caza desexamos a tódolos apaixoados desta especie e desta modalidade unha moi boa campaña corceira, tanto para os asexistas galegos como para aqueles cazadores chegados dende outros puntos da xeografía española que atopan na nosa terra un trato de calidade e que sempre desexan repetir