CANS DE PARADA CORUÑA
“Berta” de Carnota Ríos e “Oscar de la Judería” de Cortes Doce foron os mellor calificados
05/04/2022

Campionato Federación Galega de Caza da Coruña de Cans de Parada

O pasado 3 de abril tivo lugar nos Tecores de Sta Mª de Cabalar e Venatoria As Pontes o Campionato Federación Galega de Caza da Coruña de Cans de Parada, puntuable para a Copa Galicia da especialidade.

Foron os fermosos montes do Forgoselo os que acolleron esta proba organizada pola Federación Galega de Caza na Coruña e na que participaron un total de 24 cans, 5 deles de razas continentais e 19 de razas británicas. 

Francisco Santiago Rodríguez, Director da Proba, daba a coñecer as diferentes calificacións rematando do seguinte xeito:

Os setters de nomes “Berta” e “Bren” propiedade de Jose María Carnota Ríos era o que obtiña o primero e segundo posto con calificacións de MB en Razas Británicas. O bronce era para o setter “Azor da Brisa” de Eloy Rodríguez Rego cun 3ºMB.

En Continentais “Oscar de la Judería” de Vicente Cortes Doce era o que obtiña o primeiro posto cun 1ºMB. “Iron de Moncofa” e “Arco das Fontiñas” propiedade de Jaime Aneiros Leira eran os que obtiñan o segundo e terceiro posto con calificacións de B.