REPRESENTACIÓN GALEGA EN MADRID
Os cazadores piden a dimisión de Teresa Ribera
21/04/2022

Centos de cazadores, directivos e representantes das federaciones de caza concentráronse ante as portas do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITECO) para esixir a dimisión de Teresa Ribera polas políticas anticaza que están afogando ao sector e o seu desprezo á actividade.

Nesta concentración liderada por unha marea laranxa que naceu o pasado 20 de marzo, a RFEC e as federacións autonómicas de caza denunciaron todos os ataques deliberados por parte da ministra e do Goberno ao sector cinexético, que culminou coa intención de declarar ao paspallás como especie en perigo de extinción, o que significaría a prohibición da súa caza.

E como non podía ser doutro xeito, os cazadores galegos tamén estiveron representados por directivos da Federación Galega de Caza que non dubidaron en percorrer, novamente, centos de kilómetros para que a voz da caza galega se escoitase na capital de España.  

MINISTRA ANTICAZA

Durante a concentración, o presidente da Real Federación Española de Caza (RFEC), Manuel Gallardo, entregou a través do rexistro do MITECO unha carta onde se mencionan as reivindicacións do sector e a petición de dimisión da ministra polo seu absoluto desprezo á actividade cinexética.

Gallardo destacou que Ribera debe dimitir do cargo “por su nefasta gestión y nulo compromiso del mundo rural, cuya actuación es totalmente ilegítima e impropia de un servidor público y que no puede sacrificar a una parte muy importante de la ciudadanía española con tal de contentar al Lobby animalista al que parece servir”.