PROVINCIAL A CORUÑA SAN HUBERTO
Jorge Martín, Nicolasa González e Eloy Rodríguez foron os campións en Dumbría
24/04/2022

Campionato Provincial da Coruña de Caza San Huberto

O 23 de abril tivo lugar unha edición máis do Campionato Provincial da Coruña de Caza San Huberto. Unha edición máis que se trasladou aos terreos do Tecor de “San Mamed”, en Dumbría, gracias á colaboración de dita Sociedade de Caza coa Federación provincial da Coruña que foi a organizadora.

O campionato trascorreu sen imprevistos e foi clasificatorio para a final autonómica da especialidade na categoría Masculina, Donas e Levantadores.

Foi na categoría Masculina o cazador Jorge Martín Sánchez o que obtivo o primeiro posto. A prata foi para Manuel Taboada Vigo e o bronce para Juan José Canosa Vigo.

 

En Donas a campiona foi Nicolasa González Carrodeguas seguida, en segunda posición, por Nuria Varela Peiceiras. Lidia Almeida de Oliveira foi a que compretou o podio feminino.

 

En Levantadores o primeiro posto foi para Eloy Rodríguez Martínez. En segunda e terceira posición remataban José Sanmartín Pérez e Juan José Canosa Vigo, respectivamente. Este último compretando o seu segundo podio da xornada.

Este campionato provincial contou coa colaboración da Deputación da Coruña e co patrocionio da Secretaría Xeral para o Deporte, Mutuasport e Arion.