PROVINCIAL OURENSE PERCORRIDOS CAZA
Francisco Javier Villanueva foi o campión provincial e Daniel Cebreiro o campión da proba
30/04/2022

XXV Campionato provincial de Ourense de Percorridos de Caza – Copa Deputación de Percorridos de Caza 

Novamente o Campo de Tiro A Goberna acolleu, o pasado 30 de abril, a xa XXV edición do Campionato Provincial de Ourense e Copa Deputación de Percorridos de Caza, todo un éxito de xornada deportiva que se desenrolou cunha propicia climatoloxía, ceos despexados e altas temperaturas.

Este campionato contou coa organización da Federación Galega de Caza en Ourense e a esencial colaboración da Asociación Deportiva A Goberna Beariz e a Sociedade de Cazadores A Goberna Regueiro.

Un total de 100 pratos divididos en catro campos e que fixeron unha máis que atractiva tirada valorada moi positivamente polos tiradores que acadaron unha elevada porcentaxe de acerto no disparo.

 

Unha vez máis, o tirador coruñés Daniel Cebreiro García impoñía o seu dominio e obtiña o primeiro posto da clasificación xeral cunha destacada marca, escachando un total de 97 pratos tendo unha efectividade abrumadora e impoñendo moita diferencia co resto de tiradores. A prata foi para o tirador pontevedrés Daniel Domínguez Treinta cun total de 94 pratos derrivados. Foi o tirador ourensán, Francisco Javier Villanueva Dejuane o que obtiña o terceiro posto da clasificación xeral con 91 pratos e lle permitían acadar o título de campión provincial.

En Senior o primeiro posto foi para Isaac Otero Penedo cun total de 90 pratos.

Con tamén 90 pratos o lucense José González Yáñez foi o mellor clasificado en Veteranos, e o ourensán Eliseo Faraldo Fernández con 77 pratos foi o mellor clasificado da categoría na provincia.

Rubén Fernández Formoso foi o mellor dos Iniciados cun total de 86 pratos escachados.

Este Campionato contou co patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte e Mutuasport e coa colaboración da Deputación de Ourense e Solognac.