PROVINCIAL A CORUÑA DE PAXARILES
Os mellores paxaros cantores da provincia
12/05/2022

XXV Campionato Provincial de A Coruña de Paxariles

O pasado 8 de maio desputouse en Narón, concretamente na Asociación Veciñal O Val, a edición XXV da fase provincial de A Coruña de Paxariles que contou coa organización da Federación Galega de Caza en A Coruña e coa colaboración da Sociedade Ornitolóxica de A Faisca.

A maña transcorreu sen imprevistos e os diferentes paxaros cantores, divididos nas diferentes plumas, foron emitindo os seus cantos para o goce do resto de participantes e público alí presente.

Rematada a proba a clasificación final nas diferentes categorías resultou como segue a continuación:

Na categoría de Pardillo o campión foi Pablo Brage Piñeiro cun total de 40 puntos. Dionisio Ares Babarro acadaba o segundo e terceiro posto con 18 e 3 puntos, respectivamente.

En Xílgaro, o primeiro posto era para Ricardo Díaz Fernández con 77 puntos. Con 68 puntos e en segunda posición remataba Jose Luis López Ferreiro. E xa en terceira posición situábase, novamente, Jose Luis López Ferreiro con 65 puntos.

En Verderolo a supremacía era para Mª Ángeles Pérez Arcos que obtiña o primeiro e segundo posto con 31 e 26 puntos. O bronce era para Juan Manuel Souto Rico con 12 puntos.

Miguel ángel Ares Ares en Mixto de Pardillo facíase coa totalidade do podio con 56, 44 e 17 puntos.

Na categoría de Campero o primeiro posto era para Jose Luis Vez Rodríguez con 18 puntos. Con 14 puntos a prata era para José Sanjuan Madeiras. Juan Luis Pita García era o terceiro clasificado con 12 puntos.

Na categoría de Mixto de Xílgaro o campión era Jose Manuel Rodríguez costas con 112 puntos. Dionisio Ares Babarro acadaba o subcampionato con 105 puntos. Con 102 puntos e en terceira posición remataba Maria Aurora Río Pico.

E xa para rematar, en Mixto de Verderolo o campión era Pedro Fernández Jiménez con 28 puntos e o subcampión Jose Manuel Romero Neira con 24 puntos. Pedro Fernández Jiménez acadaba tamén o bronce con 5 puntos. 

Este campionato provincial contou co patrocinio de da Secretaría Xeral para o Deporte e Mutuasport.