PROVINCIAL CORUÑA DE XABARIL
Jose Manuel Barreiro foi o campión provincial e Maikel Otero o campión da proba
15/05/2022

Campionato provincial de A Coruña de Cans de Rastro Atraelados modalidade Xabaril

En Val do Dubra, concretamento nos terreos do Tecor Val do Dubra, tiña lugar o Campionato Provincial da Coruña de Cans de Rastro Atraelados modalidade Xabaril que se desputou o pasado 14 de maio.

Baixo a organización da Federación Galega de Caza na Coruña e coa colaboración da Sociedade de Caza Val do Dubra desputábase este destacado campionato con ampla participación e enorme deportividade.

As duras condicións climáticas, con altas temperaturas, non foron quen de mermar a calidade das prestacións de cans e conductores.

Foi o monteiro lucense Maikel Otero con “Chacho” o que obtivo o primeiro posto do campionato con 266 puntos. Co mesmo número de puntos pero en segunda posición remataba Jose Manuel Barreiro Rivadas coa cadela “Brisa”. Era, polo tanto, Barreiro Rivadas con “Brisa” o novo campión da provincia da Coruña da especialidade. O pontevedrés Álvaro Fontenla con “Lito” foi o terceiro clasificado da xeral con 243 puntos.

Francisco Rodeiro con “Zeus” e Manuel Rodeiro con “Tato” compretaban o podio provincial en segunda e terceira posición respectivamente.

Facemos unha reseña especial a África e Alejandra por ser duas xóvenes monteiras participantes que amosaron un nivel e deportividade extraordinaria. A bo seguro que no futuro colleitarán grandes éxitos monteiros.

Este Campionato contou coa colaboración da Deputación da Coruña e co patrocinio de: Secretaría Xeral para o Deporte, Mutuasport e Arión.