CAMPIONATO GALEGO DE PAXARILES
Campións autonómicos de paxariles
18/05/2022

XXV Campionato Galego de Paxariles desputado en Narón

O pasado 15 de maio, desputouse na AA.VV “O Val” – Narón, o Campionato Galego de Paxariles organizado pola Federación Galega Caza en colaboración coa Sociedade A Faisca.

A esta edición número XXV acudiron un alto número de paxaros divididos nas seguintes plumas: xílgaro, mixto de xílgaro, pardillo, mixto de pardillo, verderolo, mixto de verderolo e campero. Actuando como Director da Competición Miguel Ángel Ares Ares.

 

Na categoría de Xílgaro foi José Luis López Ferreiro o que obtivo o primeiro posto con 85 puntos, seguido de Ricardo Díaz Fernández e María Aurora Río Pico en segunda e terceira posición con 84 e 80 puntos respectivamente.

 

En Mixto de Xílgaro o ouro era para Luis Roiz Rodríguez con 116 puntos, obtendo tamén o galardón como pluma de maior puntuación. A prata era para Iván Fajardo Cao con 100 puntos e José Manuel Rodríguez Costa remataba en terceira posición con 88 puntos.

 

Na clasificación de Pardillo o primeiro posto foi para Pablo Brage Piñeiro con 27 puntos, seguida de Dionisio Ares Babarro que acadaba o segundo posto con 18 puntos. O terceiro posto era para Jose Antonio Seoane Vicente con 9 puntos.

 

En Mixto de Pardillo o campión e subcampións era Miguel Ángel Ares Ares con 56 e 46 puntos. O terceiro posto era para Jesús Ángel Faraldo Ares con 19 puntos.

 

Na categoría de Verderolo o participante María Ángeles Pérez Arcos acadaba o primeiro e segundo posto con 31 e 19 puntos. En terceira posición rematou Jose Manuel Romero Neira con 14 puntos.

 

Na clasificación de Mixto de Verderolo resultaba gañador Jose Manuel Romero Neira con 35 puntos. Pedro Fernández Jiménez con 14 e 7 puntos acadaba o subcampionato e o terceiro posto da clasificación.

Na clasificación de Campero resultaba gañador Jose Luis Vez Rodríguez con 33 puntos. Pedro Fernández Jimenez obtiña a prata con 33 puntos e José Sanjuan Maceiras era o terceiro clasificado con 31 puntos.

Este Campionato contou co patrocinio de: Secretaría Xeral para o Deporte e Mutuasport.