MEMORIAL CANOSA SENLLE
René Vale gañador no emotivo Memorial Canosa Senlle
23/05/2022

Copa FGC Coruña de Caza San Huberto – Memorial José Canosa Senlle

Por iniciativa da Federación Galega de Caza na Coruña, o pasado 21 de maio desputábase unha proba da Copa FGC Coruña de San Huberto – Memorial José Canosa Senlle.

Esta proba, puntuable para a Copa Galicia da especialidade, desputouse nos Tecores “Venatoria As Pontes” e “Santa Maria de Cabalar” e no cal participaron un total de 36 cans.

O cazador René Vale García foi o campión desta proba despois de obter un total de 74 puntos participando co can de nome “Suayper”. Antonio Costa López con “Brisa” obtivo o segundo posto con 69 puntos. Xa terceiro posto da xeral era ocupado por Juan José Canosa Vigo con “Nike” e 67 puntos.

Antes de comenzar a entrega de premios, a Federación provincial de Caza da Coruña co seu presidente ao fronte, José María Álvarez Villar, e o secretario da FGC, José Moure, fixeron entrega á familia de Canosa Senlle dunha placa en memoria do deportista. Momentos moi emotivos con verbas de agradecemento e recordo para un gran deportista e mellor persoa.