COMPARTIR CAZA
A Federación Galega de Caza en Lugo entregou máis de 250 kg de carne de xabaril á ONG Caritas Diocesanas de Lugo.
27/05/2022

Trátase dunha feito, xa realizado en anos anteriores pola Federación Galega de Caza en Lugo, que ten como finalidade compartir a caza de forma solidaria, animando a outros clubes de caza e sociedades cinexéticas para que, na medida das súas posibilidades, compartan a súa paixón e o resultado da caza.

Os xabariles doados foron procesados cumprindo con todos os controis sanitarios na sala de despece de A Fonsagrada e a carne foi, no día de hoxe 27 de maio, entregada envasada ao vacío para que dende Cáritas se reparta ás persoas que o necesiten.