CAMPIONATO EUROPA COMPAK SPORTING
Beatriz Laparra campiona e Cristóbal Jiménez subcampión de Europa de Compak Sporting en Rio Sar
20/06/2022

XXVII Campionato de Europa de Compak Sporting

 Unha vez máis a Federación Galega de Caza e a Sociedade Deportiva Río Sar estiveron a altura do agardado e foron quen de organizar un dos grandes Campionatos de Europa de Compak Sporting. A FITASC delegou na Real Federación Española de Caza a celebración desta cita histórica do compak sporting celebrada do 16 ao 19 de xuño no Campo de Tiro de Rio Sar.

Preto de 400 tiradores de 21 nacionalidades diferentes acudiron a Santiago de Compostela para desputar este fantástico europeo de Compak Sporting. Rio Sar vestiuse de gala e despois dun enorme traballo administrativo e a pe de campo foi quen de organizar este espectacular campionato de tiro deportivo na modalidade de Compak Sporting.

Un total de 8 canchas de tiro con medio cento de máquinas lanzapratos fixeron as delicias das mellores escopetas europeos, obténdose rexistros de certeza no disparo que rozaron a perfección.

Foi a española Beatriz Laparra a que se volveu a reivindicar como a mellor tiradora de Europa despois de impoñerse a todas as súas rivais. Con 191 pratos sobre 200, Laparra impúxose á danesa Sussie Jade (190), e a inglesa Hannah Gibson (189), para levantar por quinta vez o trofeo de campiona de Europa de Compak Sporting, ao igual que xa fixera na pasada edición de 2021.

 

Na categoría Open non tivo a mesma sorte o tamén español Cristóbal Jiménez, que despois de acadar 199/200 blancos disputou o triunfo final ao francés Charles Bardou, sendo este último superior no desempate final para acardar a victoria, nunha categoría na que pechou o podio o italiano Davide Gasparini, onde o tamén español Juan Carlos Navarro disputoulle o bronce  despois de acadar 198 pratos.

En equipos masculinos, o combinado español formado por Cristóbal Jiménez, Juan Carlos Navarro e Javier Yago (587/600) obtiveron unha meritoria medalla de prata nunha disputadísima proba onde so foron superados por un prato polo equipo italiano. Finalizaba en 3ª posición Chipre, con 580 puntos.

Pola parte do equipo feminino español formado por Beatriz Laparra, Ana María Verdasco e Jennifer Román (530/600), e o equipo junior formado por Yahve Dos Anjos, Francisco Rosa e Antonio Hidalgo (548) subíronse ao terceiro caixón do podio.

Tiradores galegos no europeo

Os nosos tiradores non formaban parte do equipo nacional pero non quixeron perder a ocasión única de tirar en todo un Campionato de Europa. Foron moitos os galegos que desfrutaron do tiro en Rio Sar e obtiveron marcas moi meritorias. Destacamos a tirada realizada por Antonio Iglesias Otero que con 189 pratos e un posto 51 foi o mellor tirador da nosa comunidade. Non podemos esquecer a tamén fantástica tirada realizada por Daniel Cebreiro García con 184 pratos, Daniel Domínguez Treinta con 183, Juan Manuel Carou Rey con 182 e Marcos Vázquez Cabado con tamén 182 pratos. 

España e Rio Sar como posible sede do Campionato do Mundo

Durante o acto de clausura, o presidente de FITASC, Jean François Palinkas, confirmou que o campo de tiro de Rio Sar reúne as condicións para acoller un campionato do mundo da modalidade. Por elo, dende a Real Federación Española de Caza, a Federación Galega de Caza e a Sociedadr de Tiro de Rio Sar comenzarase a traballar para facer posible que o noso país teña novamente unha proba internacional en 2026, como será neste caso a máxima competición do tiro deportivo.

 

O presidente da RFEC, Manuel Gallardo, destacou durante a clausura “el honor, la entrega y el nivel de nuestros tiradores nacionales, quienes demostraron estar a la altura de esta prueba internacional donde brilló también la organización del campo de tiro de Rio Sar y la Federación Galega de Caza. Hemos vuelto a demostrar que estamos preparados para organizar una prueba internacional y seguiremos trabajando para seguir acogiendo este tipo de competiciones en los próximos años”.

Javier Nogueira, presidente da FGC, e Luis Sánchez Mancebo, presidente da Sociedade Deportiva Rio Sar, recalcaron o agradecemento ao traballo organizativo así como a satisfacción de realizar un campionato de alto nivel desexando que tódolos tiradores participantes marchasen para os seus países cun grato recordo de Galicia e de Rio Sar.