I TROFEO AXEXO ARCO FIGURAS 3D
I Trofeo Cazarco de Axexo de Caza 3D
30/06/2022

Proba de Asexos de Caza con Arco sobre figuras 3D

Baixo a organización do Clube Cazarco e a Federación Galega de Caza de Pontevedra, o pasado 26 de xuño tivo lugar o I Trofeo de Asexos de Caza con Arco sobre figuras 3D.

Unha proba celebrada nas instalacións deportivas do Clube Cazarco, sito no lugar de Candán – Soutomarior (Pontevedra) e que congregou a un total de 25 arqueiros para a desputa deste Trofeo que conleva matices diferentes a competición de Percorridos de Caza con Arco.

A concentración de participantes tivo lugar ás 8:30 horas no campo de Candán e ás 9:15 comenzaron a voar as primeiras frechas. Unha xornada de gran disfrute para os arqueiros que remataron satisfeitos desta primeira edición.

Rematada a competición, o Director da Proba e Delegado de Arco da FGC, Jaime Villaverde Balado, deu a coñecer a clasificación das diferentes categorías: 

Arco Asistido Masculino

-       Miguel Caruncho Campanario

-       José Caruncho Villalba

-       José Somoza Martínez

Arco Tradicional Masculino

-       Lee Ransdale

-       Mikel Pasabant Quintians

-       Jacobo Santoro Lorenzo

Arco Asistido Damas

-       Ángel Garriguez Bande

 

Cadetes

-       Carlota Otero Cayetano

-       Iria Boullosa Curras

-       Mara Moreira Álvarez