PROVINCIAL CORUÑA PERCORRIDOS CAZA
Iglesias Otero revalida o título de campión provincial de percorridos de caza
10/07/2022

Campionato Provincial da Coruña de Percorridos de Caza

O campionato provincial da Coruña de Percorridos de Caza tivo lugar hoxe, 10 de xullo, no Campo de Tiro Río Sar. Todo elo baixo a organización da Federación Galega de Caza na Coruña e contando coa colaboración da Sociedade Deportiva Río Sar, sendo unha proba puntuable para a Copa Galicia.

Co termómetro marcando altas temperaturas, os preto de 60 tiradores que se inscribiron neste campionato provincial enfrotáronse aos 100 pratos dos que contaba esta fase provincial e os cales se dividiron en catro campos.

O campión da Clasificación Xeral e campión provincial foi, ao igual que na última edición, Antonio Iglesias Otero que rematou a tirada cun total de 92 pratos escachados. En segunda posición situábase Daniel Cebreiro García a tan so un prato do campión. Con 90 pratos, a medalla de bronce era para José Manuel Torres Parada.

Na categoría Senior o campión da proba era Manuel García Pombo con 84 pratos. O segundo senior era Elisardo Cea Cebreiro e o bronce era para Ángel Ramón Vidal Quintela.

En Veteranos o primeiro posto era para Antonio Castro Ferreiro con 81 pratos e na categoría de Máster o campión era, novamente, Ángel Mosquera Rodríguez con 71 pratos. Estes dous tiradores tamén revalidan os seus respectivos títulos da edición do 2021.

 Este Campionato Provincial contou coa colaboración de Solognac e o patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte e Mutuasport.