SECRETARIO XERAL PARA O DEPORTE
O Secretario Xeral para o Deporte visita a FGC
21/07/2022

No día de hoxe, 21 de xullo, José Ramón Lete Lasa, Secretario Xeral para o Deporte, visitou as instalacións da Federación Galega de Caza para manter un contacto máis estreito co colectivo cinexético federado.

Durante a súa estancia nas oficinas federativas o Secretario Xeral mantivo unha xuntanza con representantes federativos encabezados por Javier Nogueira, presidente da Xunta Xestora da FGC, durante a cal se puxeron enriba da mesa apuntes sobre a actividade cinexético deportiva.

Apuntes tales como a celebración, na comunidade galega, de duas Copas España de coello e xabaril salvaxe, dous Campionatos Nacionais de Compak Sporting e Xabaril e un Campionato de Europa de Compak Sporting. Analizando o brilante palmarés dos deportistas galegos da FGC, vemos que estes foron quen de acadar un total de 12 medallas de ouro, 11 de prata e 10 de bronce nas diferentes categorías e modalidades. 

Lete Lasa xa é un coñecedor da magnitude da Federación Galega de Caza así como da súa repercusión no Deporte Galego, non esquencendo que a FGC é a segunda federación deportiva con maior número de federados e sociedades/clubs federados.