AXUDAS LUMES
Axudas para os Tecores afectados polos lumes
29/07/2022

A Xunta de Galicia, no día de hoxe, ven de publicar no Diario Oficial de Galicia unha liña de axudas para paliar os efectos dos lumes no mes de xullo. Entreoutros entes, os Tecores tamén se poderán acoller a esta orde de compensacións económicas.

A Xunta concederá axudas por valor de 850.000 euros para compensar aos titulares dos terreos cinexéticamente ordenados (Tecores) e infraestructuras de uso público nos espazos protexidos afectados polos incendios forestais.

Os Tecores contarán cun financiamento de 300.000 euros para recuperar hábitats cinexéticos e instalacións destruídas.

Nas próximas horas as Federacións Provinciais de Caza trasladarán toda a información precisa aos Tecores afectados para que, se o desexan, se acollan a ditas axudas.