GALEGO DE CANS DE PARADA
“Berta de Vilar de Donas” de Jose María Carnota en Británicos e “Oscar de la Judería” de Vicente Cortés en Continentais, foron os Campións Galegos
01/08/2022

XXXI Campionato galego de Cans de Parada 2022

No día de hoxe, 31 de xullo, tivo lugar a derradeira proba da Copa Galicia de Cans de Parada que se desputou nos mesmos terreos nos que se desputara, na xornda previa, o autonómico de San Huberto, e decir, no Forgoselo. Uns fantásticos campos cedidos pola Sociedade A Venatoria das Pontes e nos cales deron os resultados do propio Campionato Galego de Cans de Parada.

A organización do Campionato recaeu na Federación Galega de Caza en colaboración con dita sociedade de caza e sendo o director da proba Francisco M. Santiago Rodríguez.

Os terreos foron valorados moi positivamente polos participantes, moi axeitados para este tipo de probas pola súa amplitude e homoxeneidade. O campionato foi desputado sobre perdiz vermella sementada.

Finalmente, sumados os resultados de todas as probas, a clasificación final dos campións galegos de Cans de Parada 2022 foi a seguinte:

 

RAZAS BRITÁNICAS

1º e campión “Berta de Vilar de Donas”, setter inglés femia de José María Carnota, con 62 puntos.

2º “Cora”, pointer femia de Fernando Manso, con 32 puntos.

3º “Gudel de Ademar”, setter inglés macho de Roberto Dopico, con 32 puntos.

 

RAZAS CONTINENTAIS

1º “Oscar de la Judería” braco alemán macho de Vicente Cortés, con 35 puntos.

2º “Mai de la Judería” braco alemán femia de Vicente Cortés, con 20 puntos.

Este Campionato Galego contou co patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte, Mutuasport e Arion.