PROVINCIAL A CORUÑA COELLO
Casal Tato acada o primeiro posto do provincial coruñés de coello
18/09/2022

Campionato Provincial da Coruña de Cans de Rastro sobre Coello

Onte sábado, 17 de setembro, desputouse unha edición máis do Campionato Provincial da Coruña de Cans de Rastro sobre Coello nos terreos das sociedades de caza “Urogallo” de Ferrol e “Xubia” de Narón, organizado pola Federación Galega de Caza na Coruña en colaboración con ditas sociedades de cazadores.

Ampla participación e unha elevada densidade de coellos permitiron desfrutar dunha gran xornada de cans de rastro sobre coello, realizándose prestacións de enorme calidade. Participantes e organización destacaron o éxito da xornada.

Foi o lote propiedade de Juan Casal Tato o que acadaba o título provincial participando cos cans “Lua, Kalima, Violeta e Nube” obtendo un total de 485 puntos. O subcampionato recaía en Jose Antonio Mariño Vidal co seu lote de cans composto por “Oma, Sila, Petra e Berta” e 465 puntos. O terceiro posto, a tan so cinco puntos do subcampión, era para o lote propiedade de Fernando Gago García  cos seguintes cans “Bony, Dona, Dora e Koby”.

A cadela de nome “Violeta” propiedade do campión Juan Casal Tato foi nomeada como “Mellor Can da Proba” con 132 puntos.

Este Campionato Provincial contou co patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte, Solognac, Arion e Mutuasport.