NACIONAL DE RRCC ARCO
Gran participación dos arqueiros galegos no Nacional de Percorridos acadando varias medallas
25/09/2022

Os membros da Selección Galega de Arco retornan a Galicia despois de colleitar grandes resultados no XXIV Campionato de España de Percorridos de Caza con Arco desputado onte, 24 de setembro, en Castillejo de Robledo.

O galego Lee Ramsdale foi o campión en Arco Tradicional, Dolores Bugarín subcampiona na categoría de asistido feminino e Iria Boullosa e Carlota Otero obtiveron a prata e o bronce na categoría Tradicional Junior, respectivamente.

En total, foron 57 participantes de todos os recunchos da xeografía española os que se citaron no Centro Integral de Prácticas de Estudos e Prácticas Cinexéticas da Real Federación Española de Caza (RFEC) en Castillejo de Robledo. 

Dende a Federación Galega de Caza dar a noraboa aos galegos premiados e a toda a Selección por deixar sempre a Galicia nos primeiros primeiros postos, amosando unha vez máis o potencial de arqueiros cos que conta a nosa comunidade. Noraboa campións!