FORMACIÓN ONLINE
Preto de 300 alumnos e alumnas comezan os cursos online da FGC o vindeiro luns
30/09/2022

O vindeiro luns, 3 de outubro, será a data na que os preto de 300 alumnos e alumnas que se inscribiron este ano nos cursos online que cada ano convoca a Federación Galega de Caza (FGC) en colaboración coa Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda (CMATV).

A partir desta data e ata o vindeiro 28 de outubro, os alumnos poderán conectarse á plataforma educativa da Escola de Caza da FGC para consultar os temas que compoñen os cursos, nos horarios que máis lle conveñan. Será entre o 24 e o 28 de outubro o prazo habilitado para poder facer o exame final que determinará se adquiriron os coñecementos necesarios e obter o correspondente certificado.

A demanda de formación online segue medrando entre os cazadores, quen valoraron positivamente os novos temas incorporados este ano, como o de armas e o de xestión de residuos no caso do curso de seguridade e os de certificado dixital e protección de datos no que respecta ao curso de xestión de sociedades.

Todos os alumnos e alumnas que estaban matriculados recibiron xa un correo electrónico coas súas credenciais de acceso e a información necesaria para comezar os cursos o vindeiro luns. Aqueles que non o recibiran rogamoslle que contacten coa FGC no teléfono 981562777 ou no correo escola@federaciongalegadecaza.com