CAZA MENOR LUGO
Jesús Paz con “Taco de Casa Ato” acada o provincial lucense na Terra Chá
23/10/2022

Campionato Provincial de Lugo de Caza Menor con Can

O Tecor Terra Chá acollía a fase provincial de Lugo de Caza Menor con Can no cal resultou gañador Jesús Paz Penelas co seu bretón “Taco da Casa Ato” sendo o primeiro cazador en entrar en control co cupo de 3 perdices.

Dita proba estivo organizada pola Federación Galega de Caza en Lugo e desenrolouse o pasado sábado 22 de outubro nos montes do Tecor Terra Cha, sociedade de caza que colaborou coa FGC de Lugo na organización de dito campionato.

Xa é coñecida a boa densidade de caza deste Tecor lucense e mostra delo foi a numerosa caza avistada e capturada pola practica totalidade de participantes nesta fase provincial. E por iso que a FGC, contando sempre coa boa colaboración de dita sociedade, celebrará, neste extenso terreo cinexético, o Autonómico da especialidade o vindeiro 29 de outubro.

 

Con 1.650 puntos Jesús Paz Penelas era o que obtiña a mellor puntuación e proclamábase campión provincial. En segunda posición e tamén con 1.650 puntos remataba David González Revaldería co can “Iso do Voltairo”. Coa mesma puntuación que os dous primeiros clasificados pero en terceira posición remataba Bernardo Traseira Rois coa setter inglés “Negrita de Bosende”. Traseira Rois repetía a mesma posición acadada na edición anterior.

Este campionato provincial contou co patrocionio da Secretaría Xeral para o Deporte, Mutuasport e Arion.