PROVINCIAL OURENSE CAZA MENOR
Jose Luis García gañador do provincial en Xinzo
24/10/2022

Campionato Provincial de Ourense de Caza Menor con Can

No Tecor de Xinzo de Limia desputouse unha nova edición do Campionato Provincial de Ourense de Caza Menor con Can. Novamente foi a Federación Galega de Caza en Ourense a que correu ca organización de dita proba que, coma sempre, contou coa inestimable colaboración da Sociedade de Caza de Xinzo de Limia

Durante 5 horas que durou a proba os diferentes cazadores acompañados dos seus respectivos cans e xuíces tentaron buscar os lances cinexéticos sobre as especies cazables permitidas. 

Foi o cazador Jose Luis García Álvarez coa cadela “Selva” o que obtivo o primeiro posto e o título de campión provincial ao chegar ao control cunha perdiz abatida. Tamén cunha perdiz en control pero en segunda posición remataba o cazador Alfonso García Rodríguez que participou coa cadela “Jara”. O bronce era para Diego Dorado Álvarez o cal, grazas ao traballo do seu setter inglés de nome “Daiki”, aportou no control unha lebre.

Este campionato provincial contou co patrocionio da Secretaría Xeral para o Deporte, Mutuasport e Arion.