GALEGO DE ARCEAS
O coruñés Carou Rey con “Blas” converteuse no novo campión galego de caza de arceas
11/12/2022

XXVI Campionato Galego de Caza de Arceas desputado en Toén

Gran xornada cinexética no XXVI Campionato Galego de Caza de Arceas desputado o pasado 10 de decembro na localidade ourensá de Toén. Un autonómico organizado pola Federación Galega de Caza en colaboración ca Asociación de Cazadores de Toén.

Un total de 22 cazadores clasificados nas catro probas provincias e cos seus respectivos xuíces e cans tomaron saída nesta edición no que destacamos, ao igual que no ano anterior, a alta densidade de arceas avistadas. O bo facer dos cazadores e cans, acompañados dunha boa climatoloxía e terreo fixeron que foran preto de 20 as migratorias avistadas ainda que o número delas entregadas en control foi moi inferior do agardado.

O cazador Juan Manuel Carou Rey chegado da Coruña e participando co setter inglés de nome “Blas” foi o que se converteu no novo campión galego da especialidade ao acadar un total de 500 puntos. Coa mesma puntuación pero xa en segunda e terceira posición remataban o lucense Diego Martínez Guitián con “Aby do Cereixal” e o coruñés Yeray Lorenzo García con “Simba”, obtendo a prata e o bronce respectivamente.

Na entrega de premios e clausura do campionato estiveron presentes, entre outras, as seguintes autoridades: O Xefe de Servicio de Patrimonio Natural en Ourense, Juan José Gómez Fernández; o Alcalde de Toén, Ricardo González Gómez; o presidente da Asociación de Cazadores de Toén, Antonio Vázquez Balado; o presidente da FGC en Ourense, Antonio García Reinoso e o secretario Xeral da Comisión Xestora da FGC, José Moure Caneda. O Delegado de Arceas da FGC, Jaime González Penelas, agradeceu o comportamento e deportividade de todos os participantes ao tempo que desexou a máxima sorte aos representantes galegos que defenderán a Galicia no vindeiro Campionato de España da especialidade.

Este campionato autonómico contou co patrocionio da Secretaría Xeral para o Deporte, Mutuasport e Arion.