SECRETARIA XERAL PARA O DEPORTE |
A nova Xunta Directiva da FGC destaca a importancia da actividade cinexético deportiva ante o Secretario Xeral para o Deporte |
02/02/2023 |
No día de hoxe, 2 de febreiro, o recen elexido presidente da Federación Galega de Caza, Luis Eusebio Fidalgo, acompañado por presidentes provinciais e membros da súa Xunta Directiva mantiveron unha reunión de traballo co Secretario Xeral para o Deporte. José Ramón Lete, Secretario Xeral para o Deporte, recibía ás 12:00 horas aos representantes federativos os cales lle presentaban o novo equipo directivo ao tempo que destacaban a importancia da caza como deporte sendo a segunda actividade deportiva con maior número de federados. Unha Federación que desenvolve preto de 100 probas oficiais ao ano, espalladas por toda a xeografía galega, e que conta con deportistas de alto nivel, ocupando os primeiros postos en diferentes disciplinas tanto a nivel autonómico como nacional. Mostra delo foron as 24 medallas acadadas no 2022 polos deportistas da Selección Galega. Unha vez analizadas as 14 disciplinas deportivas coas que conta a FGC, o presidente Fidalgo fixo unha mención especial a organización tamén de probas de rango superior por parte da Federación de Caza como foron os catro campionatos de España e un campionato de Europa, todo elo no pasado exercicio. Destacando a proba europea que congregou a preto de 400 tiradores chegados de diferentes paises do mundo. Ambas entidades destacaron a necesidade de sumar forzas para potenciar o deporte galego no ámbito rural. |