FGC - CMATV
A caza menor e a posta en valor do cazador foron propostas presentadas pola FGC ante a Conselleira de Medio Ambiente
06/02/2023

O pasado xoves, 2 de febreiro, o elexido presidente da Federación Galega de Caza, Luis Eusebio Fidalgo, acompañado por membros da xunta directiva e presidentes provinciais mantiveron unha reunión con Ángelez Vázquez, Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.

Comenzaba a reunión coa presentación ante a Conselleira do novo equipo de traballo da FGC dirixido polo presidente Fidalgo Álvarez, quen aproveitou a ocasión para destacar a importancia da caza na nosa comunidade. Unha importancia que se basea en diferentes ámbitos, como son o social, o deportivo, o mediambiental ou o económico, entreoutros.

Na segunda parte do encontro abordouse unha das propostas de máximo interese para a FGC que non foi outra que a posta en valor da actividade cinexética e da figura do cazador. A necesaria realización de actuacións para que a sociedade coñeza o verdadeiro sentido da caza e do cazador. Un cazador amante da natureza, defensor do rural, ralizando unha caza sostible e protector das especies e do medio no que se desenvolve a actividade cinexética.

Outra das propostas nas que a Federación fixo máis fincapé foi na necesidade da elaboración dun plan de xestión encamiñado á recuperación e conservación do hábitat da caza menor, facendo a dobre función de recuperación da fauna e prevención de incendios, aportando soporte económico ás sociedades de caza.

A remuda xeracional coa gratuidade da licenza de caza para menores, unha aplicación informática para móbiles e así facilitar a comunicación dos resultados das cacerías ou os censos e estado sanitario das especies a través do Observatorio Cinexético foron algunhas das propostas de colaboración feitas pola FGC á Conselleira.

A FGC agarda que estas e outras propostas se fagan realidade ao mesmo tempo que agradece o trato e sintonía da Consellería coa FGC e cos cazadores galegos.