GRACIAS CAZADORES
A marea laranxa do 20M permite a exclusión da caza da Lei de Benestar Animal
09/02/2023

A Real Federación Española de Caza valorou moi positivamente a exclusión da actividade cinexética do Proxecto de Lei de protección dos dereitos e benestar dos animais, que se aprobou este xoves 9 de febreiro no Congreso dos Deputados.

A norma, que saiu adiante con 174 votos a favor, 7 abstencións e 167 en contra, non será de aplicación á actividade cinexética trala aprobación do dictamen da Lei en sede parlamentaria ca enmenda transaccional presentada polo PSOE e apoiada polo Partido Popular, Vox, Ciudadanos, PNV e outros grupos do Congreso, o que supón un 80% da representación parlamentaria. 

Desta forma, ademáis da actividade cinexética, a lei non afectará aos deportes con animais ou aos empregados en actividades profesionais, tal e como leva meses reclamando unha maioría social de máis de 600.000 persoas do mundo rural que se manifestaron o pasado 20 de marzo de 2022 nas rúas de Madrid para esixir a retirada da Lei.

O presidente da RFEC, Manuel Gallardo, agradeceu o apoio do PSOE, PP, Vox, Ciudadanos, PNV e outros grupos para que a Lei Animalista “no acabe con una actividad fundamental a nivel socioeconómico, cultural y medioambiental como la caza”, asegurando que, “aunque lo ideal es que la ley no hubiera salido adelante por la falta de consenso y diálogo con todos los sectores afectados, el resultado es muy positivo para el sector cinegético”.