ASEXOS DE CORZO
Novidade no inicio da tempada de asexos de corzo
27/03/2023

A diferenza de tempadas anteriores, como novidade nesta nova campaña corceira, a normativa vixente permite ao cazador desenrolar os asexos de corzo sen a obrigatoriedade do acompañamento do garda ou guía nos terreos cinexéticamente ordenados, sendo este feito opcional según acordo da sociedade de caza. Si que será preciso a figura do guía ou garda nos parques naturais, nos terreos cinexéticos en réxime común e en réxime especial cando a titularidade corresponda á comunidade autónoma. O impreso de comunicación do asexo tamén varía en función de asexar con ou sen garda ou guía, coma sempre pódese acceder ao citado impreso e a Orde de Vedas a través desta páxina www.federaciongalegadecaza.com.

Nesta primavera o periodo de asexos de corzo extenderase dende o vindeiro sábado 1 de abril ata o derradeiro día do mes de xullo, podendo practicar esta modalidade de caza calquer día da semana. Ca ampla oferta de precintos cos que que contan as nosas Sociedades de Caza e Tecores a bo seguro que seremos, un ano máis, un dos destinos máis demandados polos cazadores foraneos.

Dende a Federación Galega de Caza desexamos a tódolos apaixoados desta especie e modalidade unha moi boa campaña corceira, tanto para os asexistas galegos como para aqueles cazadores chegados dende outros puntos da xeografía española. Sendo esta unha moi boa oportunidade para potenciar e amosar a riqueza cinexética, paisaxística e gastonómica que atesouran os nosos pobos así como unha ferramenta socio-económica do rural galego.